Modo de Preparação
- 1
: Adobamos as chuletas con sal e allo, e reservámollas.
- 2
Nunha pota pasamos lentamente a cebola, o perexil, o allo, o pemento, o tomate (todo picadiño) cun pouco de aceite; cando estea dourado, poñemos as ameixoas, engadindo o colorante e o viño branco.
- 3
Á parte douramos as chuletas e colocámolas nunha tarteira de barro, sobre elas vertemos as ameixoas e a salsa, deixandoas a lume manso ata que as ameixoas abran.
- 4
Acompañamos con patacas fritas.