Modo de Preparação
- 1
: As patas de terneira moi limpas e chamuscadas, cocémolas ata estaren tenras, en auga con allo, cebola, loureiro, gotas de vinagre, pementa e sal.
- 2
Escorrémolas, secámolas e rebozámolas en fariña, dándolle unha fritura nunha tixola.
- 3
Facemos unha salsa con cebola e pementos naturais picados, engadimos a auga de cocer as patas, salpicamos con vinagre e viño seco, 3 ou 4 guindillas, coñac, whiski e metémolas nesta salsa ben cubertas, cociñandose de 15 a 20 minutos Colocámolas nunha tarteira de barro e metémolas ó forno, mesturándolle unha pouca desta salsa pasada polo batedor.
- 4
Srvimos con cachelos adornados con perexil picadiño e tiras de pementos asados.