🏴Galiza

Revolto á Entrimeña

🌍 Sabores da Lusofonia · Para 4 pessoas
Galiza — Revolto á Entrimeña
  • 1

    : Cocemos os grelos durante 15 minutos en auga de cocer carne ou cun pouco unto.

  • 2

    Retiramos e escorremos.

  • 3

    Poñemos aceite de oliva, allo, un pouco de xámon e touciño entrefebrado, picado en tamaño regular, rustrimos, arredamos do lume e deixamos esfriar.

  • 4

    Poñemos ó lume, nunha tarteira de barro, aceite de oliva virxe, ó estar moi quente engadimos allo picado, deixamos ata dourar un pouco, mesturámoslle vieiras en rebandas, gambas escascadas e un pouquiño de xámon picadiño.

  • 5

    Dámoslle unhas voltas e botámoslle os grelos, mesturando ben todo.

  • 6

    Engadimos unha ducia de ovos caseiros pouco batidos, agregamos o rustrido, revolvemos todo e servimos na mesma cazola adornando con triángulos de pan frito.