Modo de Preparação
- 1
: Coa axuda dun pano, quitámoslle a pel ás anguías e cortámolas en toros.
- 2
Deixámolas en adobo de viño branco, allo esmagado co perexil, o sal e o azafrán.
- 3
No momento de servir fritímolas rebozadas en fariña e en aceite ben quente.
- 4
Para facer a salsa poñemos a cebola a rustrir co xámon e a guindilla; cando estea branda botamos os champiñones cortados; rustrimos uns minutos e engadimos a auga do caldo.
- 5
Deixamos reducir e agregamos o sal, pementa e o perexil picado.