🏴Galiza

Lubina en Salsa de Setas

🌍 Sabores da Lusofonia · Para 4 pessoas
Galiza — Lubina en Salsa de Setas
  • 1

    : Pasamos os cogumelos coa manteiga e unha gota de aceite de oliva e reservamos.

  • 2

    Rustrimos a lume manso a cebola, o allo, e o allo porro, sen a folla verde.

  • 3

    Engadimos un pouco de caldo de peixe e deixamos ferver durante 45 minutos.

  • 4

    Axudándonos do batedor pasamos polo "chino" ou por un coador.

  • 5

    Agregamos o xerez, o viño branco, o brandi e a cullerada de maicena, cocemos durante 3 minutos e reservamos.

  • 6

    Rustrimos lixeiramente as colas das cigalas debidamente peladas.

  • 7

    No mesmo aceite moi quente douramos douramos duarnte un minuto os lomos da robaliza rebozados na fariña.

  • 8

    Unha vez dourados e limpos de todo o resto de aceite introducímolos na salsa e engadimos os cogumelos que temos reservados, deixámolos cocer por espacio de 4 minutos.

  • 9

    Servimos e acompañamos con patacas inglesas.