- 1
: Primeiro limpamos o linguado.
- 2
Depois facemos a salsa: picamos a cebola e os allos moi picadiños; botamos dúas culleradas de aceite nunha pota, a cebola, o allo e o loureiro a dourar, cando a cebola estea medio brillante botamos a fariña, movemos ben e engadimos o coñac, o viño branco e o perexil.
- 3
Revolvemos.
- 4
Engadimos un pouco de caldo de peixe (que faremos com cabezas de peixe, rodaballo, peixe sapo, que poremos a cocer nunha pota con tomate, cenoira, loureiro e sal).
- 5
Cando a salsa estea feita botámola nunha pota.
- 6
Poñemos primeiro a salsa: enrosacamos os lombos de linguado, prendémolos cun "palillo" e dourámolos.
- 7
Botámos enriba, a continuación as cocochas, previamente douradas no aceite, volta e volta.
- 8
Unha vez que temos todo na pota, metémola ó forno uns 6 minutos.
- 9
Presentamos con perexil.